Publica Urco este Nosoutras de María Victoria Moreno con limiar de Xavier Senín, unha interesante achega para coñecer a palabra literaria da autora homenaxeada este ano. Relatos que falan do sufrimento das mulleres, desas silenciadas, ocultas, desas que non tiñan voz e que agora comezan a outorgárllela; a autora dálles voz, unha voz impregnada de lirismo, unha voz forte, contundente, unha voz que non deixa dúbidas nin espazos, porque cómpre esa voz rexa para asentar a liberdade, a igualdade.
Cando comecei o libro, a verdade, pensei que me enfrontaba a algo moi diferente, posto que o primeiro relato non é tal, ese "nosoutras" é un texto reivindicativo dos espazos literarios para Helena Villar
Janeiro, Ana María Fernández, Úrsula Heinze, Palmira G. Boullosa e ela mesma. Unha curiosidade que, seica, non coñecían as mecionadas. E que reclama para todas elas ese espazo literario que pretendía serlles negado, pero tamén o seu espazo profesional.
Sen comentarios
Publicar un comentario