Durante boa parte do franquismo, a Brea (Fontao, Vila de Cruces) foi
unha das grandes minas de volframio activas a nivel mundial. Ás mulleres
non se lles permitía traballar nas galerías nin na fábrica, mais foron
contratadas pola empresa concesionaria para facer traballos auxiliares
como lavado e separación do mineral. Ademais, moitas delas colaboraron
nas redes de estraperlo do mineral e participaron activamente na vida da
vila que se medrou ao redor da mina. Este audiovisual producido polo
Consello da Cultura Galega e dirixido por Encarna Otero recolle o
testemuño dalgunhas destas mulleres.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
02/05/18
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario