O poeta, o mestre, pero sobre todo o
meu prezado amigo, Carlos Negro, vén de recibir moitos premios. Supoño que a vida maniféstase así, de cando en vez, sendo xusta (ben cómpre). Eu tiven a sorte de emocionarme namentres el recibía un premio moi especial, ese que indica que hai moito lectorado que o segue: Premio dos Clubs de Lectura 2018. Claro que hai que ter en conta que el anima a facelo, sempre disposto a visitar os centros de ensino e compartir cos mozos e mozas a súa poesía. É o artífice de que a poesía se instale nas aulas sen medo nin prexuízos.
Eu, que son moito máis egoísta ca el, pedinlle que me agasallase este seu discurso para este noso blogue. Este que sei que el le, o que supón para min un estímulo e un orgullo.
Sen comentarios
Publicar un comentario