Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/06/18

O ladrón de soños

Sabela Fernández Trelles e Alicia Suárez (ledicia de vela por aquí!!!) crean en O ladrón de soños publicado por Xerais un fermoso libro sobre os soños e a solidariedade. Porque hai un ladrón. Un ladrón que semella ser o personaxe ruín do conto... pero do que trocaremos a nosa percepción a medida que avanzamos as páxinas. Si, os soños son importantes. Tanto cando soñamos durmidos como cando soñamos espertos. Para pesadelos, chega ben a vida adulta e todo canto acontece neste noso mundo que non soubemos construír. Aquí podemos combinar maxia e esperanza. Que máis se pode pedir?

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.