En Libros del Zorro Rojo podemos atopar este álbum ilustrado de Yoo Jun-Jae, Ola Azul, alegoría da paz e dun destino que si podemos cambiar; hai que ter forza e enerxía, hai que crer nun mesmo, hai que crer na solidariedade, no amor. Fermosos trazas e cores, que son os que manteñen a tensión da narración; esta que fala de ben e do mal, do poder e da submisión. As cores potentes contrastan coa delicadeza do texto, o xogo entre ilustración e letra, esa dicotomía que persiste no libro e que avanza ata chegar a un final auténtico.Unha dicotomía na metáfora sobre a paz que domina o texto xunto coas ilustracións presididas pola cor azul, unha cor que aporta unha chiscadela á mitoloxía clásica sen perder o seu propio orientalismo. Unha marabilla.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
05/07/18
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario