Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/09/18

Unha historia detectivesca de dobre canón

Moi curioso este libro de Mark Twain que publica Kalandraka: Unha historia detectivesca de dobre canón é unha sátira da novela negra e unha burla cara ao máis que famoso detective, que aquí é un incompetente. Xa sabedes que eu son gran lectora de novela negra, pero coido que este libro contén unha moi boa historia, que responde ao oficio do autor: ironía e sátira brillan con luz propia mentres a narrativa e o melodrama son excelentes. Unha lectura que se debe coñecer e que presenta rasgos moi interesantes, así como unha historia excelente.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.