Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/11/18

A reconquista

Antía Yáñez resultou gañadora do I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade con este pequeno álbum que trae do prelo Baía con ilustracións de Ana Pedreira: A reconquista. Unha obriña que fala de solidariedade e de liderado feminino dende dúas voces narrativas que sinalan ficción e divulgación.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.