Que Maurice Sendak era un xenio estaba claro. Con libro coma este déixao aínda máis claro. É que ¡Dídola Pídola Pon! o La vida debe ofrecer algo más é todo un reto de imaxinación e destreza. O libro fala duna cadeliña que ama a comida por riba de todo pero que está asolagada por un estraño espírito de aventura. Podería ser normal o argumento, pero o autor trátao maxistralmente, xa que é quen de achegarse ao descoñecido, a unhas zonas escuras que non adoitan formar parte de libros infantís; pero el elixe afrontar todo tipo de retos, onde os nosos temores máis agochados non suporán ningún tremor, xa que no fondo da escrita hai amor e respecto polo lectorado. E iso nótase.
Grazas, Kalandraka.
Sen comentarios
Publicar un comentario