Moi bo o libro que nos trae Faktoría K de Patrick Bard: Cerráronseme os ollos é un berro pola educación, pero tamén é unha chamada de atención ao drama, unha arma en forma de libro porque a literatura, ademais, é iso, un xeito de denuncia.
Moi interesante que a narración se faga dende tantos puntos de vista diferentes. Poderemos chegar a entender que unha adolescente intelixente sexa tan facilmente convencible e se convirta a un Islam totalmente radical sen ter nada que ver con el a priori? Nestas páxinas acompañamos a Mäelle converténdose en Ayat, querendo salvar o mundo e errando. En tan só tres meses. Que medo! Internet como mundo real e como método de captación, o odio como mensaxe, como arenga. O final do libro, un dubidoso optimismo. Podemos salvar estes mozos e estas mozas? Vemos as novas ao noso arredor e semella case imposible. De momento, aquí queda esta chamada de atención.
Sen comentarios
Publicar un comentario