Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/03/19

Orestes perde o sentido!

 Simpático libro este que nos trae Rosa Aneiros co título Orestes perde o sentido! publicado por Xerais e ilustrado por Kiko da Silva. O seu protagonista é un rapaz afeccionado aos videoxogos que un día esperta e o seu mundo non parece moi real; pero ten que axudar a súa irmá a recuperar un osiño de trapo de seu. E para isto terá que non esquecer as regras dun xogo que ten moito que ver coa seguridade vial. Así, a lectura leva ao lectorado máis novo por este mundo que poucas é tratado de xeito divertido e ameno. Un tema que podía ser pedagoxicamente aburrido, convértese aquí nunha divertida aventura que educa case sen percatarnos. Así que ollo a como cruzamos a estrada ou se usamos ou non casco. Ah! Hai que mirar ben o semáforo! Non o esquezades (é que en Lalín non hai...)!!!

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.