Dende Sermos:
'As Rosalías inspiran!'. Así o afirman De Vacas,
o cuarteto galego que leva uns anos poñendo patas arriba a música
galega e que agora, ás portas do 8M, vén de publicar nas redes sociais 'Rexurdimente', o encontro entre Rosalía (a nosa) e Rosalía (a outra) en base a 'Malamente'.
Como elas propias escriben no seu Facebook: “Rexurdimente
das vacas e revolta feminista, con Rosalía á cabeza. Hoxe lembrámola
pra mañá facer folga con vós. Levamos un tempo traballando nesta
homenaxe, con este traxe garaxe personaxe. Agardamos que desfrutedes da
escoita igual que nós facéndoa... non tanto polo que vale, senón polo
que significa. Avoas, nais, irmás, amigas, e a colaboración dunha
tremenda personalidade xitana, forte e libre, como a de Lorena. Grazas
infinitas”.
Sen comentarios
Publicar un comentario