Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/04/19

O peixe Arcodavella




Marcus Pfister é o autor d' O peixe Arcodavella publicado por Kalandraka: unha fábula sobre o egoísmo e a soidade, a tristura que esta provoca e a reflexión que nos brinda aquela. Arcodavella non é un peixa calquera: é o peixe máis fermoso de todo o océano. E el ben o sabe. Por iso os demais peixes píndenlle un pouco desa beleza. Vaia, que reparta, porque paga a pena. Pero nun principio a negación provoca o rexeitamento e o posterior afastamento del. Entón comprenderá que é mellor vivir con menos beleza pero con amizade e cariño. Comprenderá que a xenerosidade supón unha maior satisfacción que brillar con luz propia.
Chama a atención a iluminación das acuarelas e as cores que escintilan. Pero tamén chama a atención a oportunidade de traballar temas tan importantes como os cánons de beleza e a necesidade de supeditación a estes.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.