Hai uns días daba por terminado o meu "annus horribilis". Falei
demasiado pronto. Pensei que a morte ía darnos unha tregua, que ía
dirixirse por outros camiños afastados. Pero non. Seguía por aquí
rondándonos. Seguía a causarnos dor. Unha dor inmensa. Porque non cómpre
ser da familia para amar. Non cómpre levar os apelidos nin compartir
reunións familiares.
Sempre digo que tiven a sorte de herdar as amizades que me deixou o meu compañeiro de vida no IES Laxeiro. Un centro non que sempre me sentín querida. Pero agora, ese piso de abaixo que compartía contigo, Luís Gustavo Rodríguez Taboada, esa biblioteca que a ti che deixaba converter en corredor, doe. Como volver a entrar?
Sempre digo que tiven a sorte de herdar as amizades que me deixou o meu compañeiro de vida no IES Laxeiro. Un centro non que sempre me sentín querida. Pero agora, ese piso de abaixo que compartía contigo, Luís Gustavo Rodríguez Taboada, esa biblioteca que a ti che deixaba converter en corredor, doe. Como volver a entrar?
Cada día contigo
Sempre diciamos que eras tan grande coma bo. Que non servías para xefe
de estudos porque non eras quen de enfadarte. Pero vaia se servías!
Alumnado e profesorado adorábate. Dabas miles de oportunidades, estas
que a ti che foron denegadas, porque a morte non quixo darche nin unha
pequena tregua, esa que podía advertirche que nos rondaba pero que aínda
podiamos seguir canda ti. Quedamos un pouco máis orfos no noso camiñar,
quedamos sen ese "osiño de peluxe" xigante que adoitabamos dicir que
eras.
Agora, os corredores do IES non contarán os teus pasos, a biblioteca
permanecerá agardando a túa visita para facer os sudokus, para corrixir
exames, para contar que ías facer a recuperación da recuperación da
recuperación... Entrar no vestíbulo mirando a porta de enfronte, sempre
aberta, sempre disposta a nos recibir, a nos escoitar, xa non será
posible. Imposible entrar na cafetería para meternos contigo e o teu
"colacao". Imposible que a vida siga igual. Toda a comunidade educativa
botará en falta a túa bonhomía e a túa capacidade infinita de perdoar.
Esta vida tan inxusta foino onte máis ca nunca.
Non hai neste mundo tantas boas persoas coma ti. Agora, só temos o teu recordo. Inconmesurable e agradecido.
Eu quedo co teu último sorriso pícaro de tarde de fútbol. Quedo coa nosa
mesa arredor da tortilla e as nosas conversas. Quedo coas nosas
reunións bibliotecarias dos luns polas tardes. Quedo con ese amor que
derrochabas para a túa familia. Quedo co teu exemplo.
Sen comentarios
Publicar un comentario