Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/10/19

Samba Panda con papá

Fermoso libriño en cartoné (imposible non namorarse del) para prelectorado que amosa pasos de baile para bebés con papás (non van ser sempre as mamás!!!) que asocian movemento con maxinación. Asemade, coas ilustracións, case imposible perderse neste esforzo rítmico. Este "lectorado" descobre co libriño a súa propia motricidade e o mundo que os rodea. Vaia, que estamos ante un libro multifunción, xa que é unha iniciación ao mudo dos libros e ao mundo "deportivo". Cada movemento dunha páxina está relacionado cun animal ou obxecto semellante na seguinte, para que a rapazallada que non sabe ler entenda perfectamente o exercicio a realizar.
Que ganas teño de ter un/unha pequerrecha ao meu carón!!!
Falamos dun libro publicado por Libros del Zorro Rojo, de Satoshi Iriyama que leva por título Samba Panda con papá.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.