Novo inventario ilustrado, desta volta de froitas e verduras, de Virginie Aladjidi coas ilustracións de Emmanuelle Tchoukriel que publica a editorial Kalandraka. Un precioso e documentado libro que nos ensina un cento de bocados, moitos deles descoñecidos, que se poden comer crus ou cociñados. Asemade, hai fungo, algo, e produtos obtidos a partir de materias primas. Ou sexa, unha gran variedade de páxinas que resultan moi chamativas porque é un xeito moi ameno de coñecer e curiosear, unha maneira de aprender divertida que con habilidade nos permite diferenciar entre o concepto da planta e o termo culinario, pero sobre todo, ponnos no camiño cara a unha alimentación saudable. E canda elas, insectos que resultan indispensables para coñecer mellor esta selección vexetal: fáisenos a boca auga.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
14/11/19
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario