Lin La sombra del miedo de Ragnar Jonasson, publicada por Seix Barral, deseguidiña, nun salaio. Non sei se necesitaba unha novela negra ou se chegou nun momento no que necesitaba fuxir da realidade. Pero o libro gustoume e enganchoume. Viaxar ao frío islandés e descubrir un lugar onde a neve pode chegar a ser abafante e onde a vida anda a ritmo pausado por non dicir que é tan lento que nunca pasa nada... ata que pasa. E se alí a vida anda devagariño, non sucede o mesmo coa lectura, que mantén unha linguaxe doada, sinxela, pero que imprime alento na lectura, a pesar desa constante brétema gris, desa neve que todo o asolaga, que nos fai sentir a mesma claustrofobia que o protagonista. O mérito da historia é ademais desta ambientación a historia que se agocha detrás de cada veciño, un lugar que semellaba pacífico e que resulta non selo tanto.
Recomendable
Sen comentarios
Publicar un comentario