En edicións Positivas podemos atopar esta interesante proposta poética de Arancha Nogueira que baixo o título de #hastags para un espazo agónico organiza unha reflexión crítica da nosa sociedade, xogando co mundo real e o das redes, tan ficticio tantas veces, pero que ao mesmo tempo apoia o noso distanciamento dunha realidade que non coñecemos ou mesmo da que non gozamos, ocupadxs como estamos por viaxar nesoutro mundo afastado que pretendemos facer noso a través dunha pantalla que nos fai crer que vivimos interconectadxs. A autora tamén fai fincapé en que é por ese medio como nos empeñamos en realizar as nosas reivindicacións, mentres que na vida cotiá seguimos sen materializalas.
#galifornia
“arde a amazonía
mentres nun carnaval de verán
[#makeup #friends]
cinco pocahontas sexis de pintura alaranxada
[#praufornotredame]
exhiben bebidas en ecovasos tintados
e algo moi
moi parecido á violencia.
[…]
así
derrubamos un idioma
así
construímos unha guerra”.
Sen comentarios
Publicar un comentario