Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/03/20

Bosque vermello

 En edicións Positivas podemos atopar o último poemario de Tamara Andrés, bosque vermello: unha reflexión sobre a concepción do amor e o camiño cara á liberdade. O bosque que nos propón a poeta é o lugar idóneo para a reflexión, para o sentimento real, serio, honesto. Nese espazo idóneo cada persoa é quen de cohabitalo dende diferentes realidades, perspectivas subxecivas que podemos cuestionar ou non, en absoluta liberdade. Porque así xorden complicidades lonxe do habitual, porque as persoas somos seres cambiantes e esta característica permítenos mudar asemade do común ao afastado para logo volver, sentindo a presenza moitas veces dunha realidade que nos oprime e non nos permite respirar en liberdade, non nos permite medrar, non nos permite sequera realizar os nosos desexos, nin sequera pretendelos; de aí que ese bosque sexa o lugar soñado onde a liberdade individual existe.

  (...)
Morreu nunha residencia con 
nome de barco. É curioso como
a xente traza a nosa propia cartografía.
 (...)
Os anciáns abrindo autómatas 
a boca. Expulsar sen consciencia 
calquera líquido.
 (...)

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.