Se un título é acaído para estes días de confinamento é este que nos propuxo Xerais hai xa un tempo: Cociñando con bolboretas no bandullo de Diana Fernández Gómez e David Díaz Díaz. É bo tempo para cociñar en familia e para divertirse mentres se fai, e isto é precisamente o que este libro propón: a diversión na cociña acompañada de poesía ou relato. Mesmo inclue códigos QR
para seguir as receitas no seu canle de Youtube. Ou sexa, que non lle falta detalle.
Eu é que odio cociñar, pero aínda así, mentres o ollaba, sentía ata ganas de me meter a facer lambetadas, que ao final é o que máis me gusta... non sei por que, nestas épocas é o que me apetece!
Sen comentarios
Publicar un comentario