Matthew Goodman conta en Ochenta días, publicada por Aguilar, a volta a mundo de dúas mulleres pioneiras, Elizabeth Bisland e
Nelly Bly, mesturando realidade e ficción e conseguindo unha lectura interesante e atraente. Dúas mulleres arriscadas, visionarias para o seu tempo, intrépidas, que deciden facer unha viaxe contra o reloxo, contra o tempo, e contra a sociedade. E isto sucede en 1889, polo que asemade estas páxinas tamén nos achegarán o mundo do século XIX. Dúas mulleres que realizan unha carreira a contrarreloxo arredor do mundo que nos van ensinando o globo, o mundo polo que pasan: o ferrocarril dos Estados Unidos unirá o horario dese inmenso país, o poder oculto que chega a todas parte, a loita das mulleres por ir conquistando posicións masculinas en exclusiva... a historia e a xeografía de xeito ameno.
De fondo, o inesquecible Jules Verne e os seus personaxis míticos.
Curiosamente, destas dúas mulleres unha fíxose famosa e outra non. As causas?
Sen comentarios
Publicar un comentario