Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/05/20

Sin dejar rastro


Gustoume esta entrega de Salamandra Black: Sin dejar rastro de Haylen Beck. Unha desas novelas negras que permiten que te evadas do mundanal ruído (ou sen ruído) para devorar as súas páxinas, mentres sofres cunha muller vítima de violencia de xénero e vítima de moito máis. Porque aínda que o libro entre de crequenas na rede escura, esa que tantos argumentos dá á novela negra, consegue un punto de tensión en todo momento. Ben construídos os personaxes, xa que todxs elxs teñen un lado máis escuro ou máis claro. Quizais destaque aquí a vulnerabilidade aparente da muller protagonista, de quen descubrimos a súa fouteza capaz de loitar ata o extremo por aquilo que máis quere: os seus fillos. Por iso este libro convértese nunha chea de emocións constantes, polo terrible que pode ser unha sociedade que xulga sen análise previa e que é quen de xogar coa infancia como se de obxectos se tratase.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.