Marina Núñez e Avi Ofer tráennos por medio de Kalandraka un precioso álbum sobre a importancia das olladas: Atrapamiradas. Un libro para facer fincapé na desconexión que practicamos os humanos, que vivimos inmersos nun mundo virtual sen percatarnos do que temos ao noso arredor. De aí a importancia de erguer a vista e ollar cos ollos abertos canto temos e canto pasa ao noso carón, de mirar a xente que queremos, a que lembremos que somos humanos porque necesitámonos conxuntamente. Que somos unha sociedade, e non un grupo de individuos. A partir de aí, despois de mirarnos, falarémonos, riremos, xogaremos, seremos, en fin, o que somos: humnaos.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
01/08/20
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario