Levou o Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade 2019, e iso é unha carta de presentación inmellorable. Aínda así, non me encantou este libro de Antía Yáñez que baixo o título de Plan de rescate, publicado por Xerais con ilustracións de Xiana Teimoy, ten o acerto de integrar a nenos e nenas que normalmente non protagonizan os libros, eses nenos e nenas da "aula de apoio"; digo que é un acerto porque a literatura axuda a educar, e por iso debe atender a diversidade. Así son xs protagonistxs deste libro, quen dende as súas diferenzas, deberán intentar salvar o seu colexio. E o único xeito de facelo será a base compañeirismo e de esquecemento das diferenzas. Ou sexa, que calquera persoa pode loitar na vida por moitas pedras que esta poña no seu camiño. Por iso, quizais, a prosa ás veces esfórzase en deixar claro este tema e cae nese didactismo que tantas veces resulta perigoso porque non permite que o lectorado tire de por si esas conclusións.
Pero si, un libro para o lectorado novo comprometido coa inclusión e pluralidade, tan necesarios para esquecer a "etiquetaxe" das persoas.
Sen comentarios
Publicar un comentario