Kalandraka tráenos este fermoso libro de Åsa Lind que coa protagonista Zackarina fala de amizade, de morte, de coñecemento... da vida. Unha nena afouta, protagonista da procura do seus propio espazo. A autora sabe poñerse perfectamente na pel dunha nena que non se ve sempre comprendida polos seus pais, afastados do seu mundo de ficción e imaxinación. Será que na idade adulta esquecemos a infancia e todo que conleva. De aí a necesidade dun amigo invisible, un cómplice e alguén que saiba dar resposta a tantas preguntas que na infancia xorden; un amigo que axude a comprender mellor o mundo. As historias do Lobo de Area conta coas ilustracións de María Elina Méndez, e converten o libro nunha lectura atraente e poética, ademais de divertida.
Sen comentarios
Publicar un comentario