Pietro Gottuso foi o gañador do XIII Premio Internacional Compostela para álbumes ilustrados - 2020 con este fermosísimo libro titulado Dende 1880 que publica Kalandraka, un álbum sen letras que conta unha historia con final infeliz. Unha librería que é testemuña activa do paso do tempo, que durante 140 anos contempla como ao seu arredor evolúe a sociedade e cambia, sobre todo tecnoloxicamente, pero non sabemos se por esta razón ou por razón económicas, non é quen de sobrevivir. Triste historia da desaparición dunha libraría que a pesar da súa idade, e por tanto do seu bo facer, non logra tecer os suficientes soños de quen a rodea. Un final moi triste para unha realidade, posto que conta o autor que realizou este álbum a partir dunha nova real que escoitou. Impresionantes ilustracións para un libro que non nos deixa indiferentes -a calquera que ame os libros máis, pero se amas os álbum ilustrados é suficiente- xa que seixa o orixinal estaba pintado en táboas. Unha auténtica obra de arte, sen dúbida ningunha.
Deses libros para atesourar nos vosos andeis.
Sen comentarios
Publicar un comentario