Marabilloso este libro de Tatiana Tibuleac publicado por Impedimenta e titulado El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes: un deses libros para lembrar e que aposta polas relacións humanas e polo perdón, xa que a reconciciliación, por moi difícil que pareza, sempre é posible; é máis, é necesaria. Polas súas páxinas pasearemos entre un vaivén permanente, o amor e o desamor filial. Unha historia dura, dolorosa, con moitos erros e traumas, que o protagonista tentará subsanar por medio da escritura. Quizais sexa a poesía a encargada de poñer un pouco de cordura nas nosas existencias. Así percorreremos diferentes estadíos entre os que destaca a soidade, o resentimento, o medo, a vulnerabilidade... sentimentos que nos removerán no noso sofá porque sempre hai algún que nos chegará de pleno.
Sen comentarios
Publicar un comentario