Desta volta, namoramos do álbum pola forma. Un despregable en forma de acordeón con 4 metros de lonxitude! La casa en el bosque de Laetitia Bourget e Alice Gravier está publicado por Libros del Zorro Rojo. Por un lado, o narrador fainos unha proposta: por que non o acompañamos a coñecer a súa casa? Así que con el percorreremos camiños, carreiros e bosques ata descubrila. Dende planos xerais aos máis detallistas, faremos unha viaxe exterior, que se convertirá en interior cando lle deamos a volta, é dicir, cando entremos na casa e coñezamos o salón, a cociña, os cuartos... todo cheo de luminosidade e hiperrealismo.
E si, lémolo en pouco tempo, se queremos. Pero constitúe realmente un xogo para gozalo durante ben máis tempo, xa que contén un sinfín de detalles onde poderemos buscar moitos elementos agochados entre tanta profusa ilustración.
Sen comentarios
Publicar un comentario