Un libro para recomendar firmemente. Sorpréndenos Guadalupe Nettel con este duro relato sobre a maternidade, publicado por Anagrama. En La hija única veremos diferentes nais, diferentes xeitos de pensar, diferentes xeitos de vivir, diferentes xeitos de encarar unha desgracia. Dous eixos fundamentais: a maternidade dunha bebé con problemas cerebrais e a maternidade dun neno con problemas de conduta. Tamén está a antimaternidade. E a relación coa propia nai. Sobre todas as maternidades planea a complicación da vida. Non procuredes unha visión amable da maternidade, ao contrario, aquí non se agocha nada. Sobre a maternidade voa o cansazo, o agobio, o sacrificio, o distanciamento da parella, mesmo a posibilidade da morte... moito sufrimento a carón tamén de pequenas ledicias. A autora ademais aproveita para denunciar os feminicidos e para falar de sororidade e feminismo como única ferramenta posible de cambio, como o único camiño posible para a transformación da sociedade e do noso papel nela.
Non a perdades.
Sen comentarios
Publicar un comentario