Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/02/21

Cancións para Ana Lúa

 


Con profusas e fermosas ilustracións de Correa Corredoira, (imposible pasalas por alto, son enormemente "frenéticas": apetece telas colgadas na casa para observalas de cando en vez) ,  ofrécenos Xavier Seoane Cancións para ana Lúa, publicado por Xerais, un monllo de poemas infantís que constituén en si mesmo unha homenaxe á infancia, con todo o que supón de máxico, fantástico, alegre e imaxinativo.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.