Descubrín a Dominique Manotti e o seu Oro Negro publicado por Versátil. Aínda que está ben, boto de menos un pouco máis de acción e de ritmo, destacando sobre todo pola crítica social que realiza, denunciando a corrupción e as loitas polo poder, ademais das mafias. O protagonista terá que se enfrontar aos grandes poderes, ou sexa, ao mundo económico empresarial, que é quen realmente manexa o mundo, e non a política. Neste mundo, o asasinato é un medio coma calquera outro para resolver conflitos comerciais. A cidade, a Marsella de 1973 é unha das grandes protagonistas da novela, e está perfectamente ben recreada, tanto que chega a preocuparnos os pactos de poder que nela se realizan, unha realidade que nos semella afastada e que a xulgar polo que lemos, resulta que simplemente se nos oculta á maioría da cidadanía. Tamén é de destacar a presenza da homosexualidade, xa que nos anos nos que se sitúa a novela non estaba tan visibilizada como arestora.
Así que unha lectura bastante interesante que non me acabou de atrapar. Tampouco me encantou o final...
Sen comentarios
Publicar un comentario