Falar de Antón Chéjov é falar dun dos autores rusos máis importantes de relatos de finais do século XIX. Neste fermoso libro recuperado por Kalandraka, con ilustracións de Rebeca Luciani, cóntanos a historia dun cadeliño que semella un raposo perdido nunha rúa no medio do frío invernal. Esta escusa é a historia dunha aventura marabillosamente estraña que levará a que este cadeliño de nome Kashtanka viva e coñeza lugares inesperados. Seguramente xa coñezades esta historia ou cando menos coñezades o autor; se non é así, tedes arestora unha oportunidade de ouro: procurade este magnífico libro presentado agora nunha boísima edición, tal como Kalandraka nos tes acostumadxs, con coloridas ilustracións acompañando un relato absolutamente delicioso.
Publicado en castelán.
Sen comentarios
Publicar un comentario