Outro deses libros que viaxarán proximamente para Xapón. Falar de Eric Carle é falar de Literatura infantil de calidade, publicado por Kalandraka en cartoné, con páxinas grosas para que as mans dxs nenos e nenas pequerrechas poidan manexalos e gozar con todos estes animais pintados de cores "imposibles" grazas ao artista que os pintou. Indispensable a información que temos canda o libro, e que nos fai cavilar tanto sobre a liberdad individual e social:
Este libro constitúe unha homenaxe de Eric Carle ao pintor expresionista alemán Franz Marc, quen pintaba retratos de animais nos que a cor é utilizada para denotar un significado: o azul para a austeridade masculina, o amarelo para a ledicida feminina ou o vermello para a violencia. O seu desexo de expresar a espiritualidade a través da arte lévao a dar sentido ao espontáneo e intuitivo. Un artista rexeitado polo nazismo.
Os libros de Eric Carle recollen dos expresionistas a espontaneidade e intuición infantil. Este libro é unha mostra disto. A súa intención é a de achegarnos á arte a través da emoción e do visual enriquecéndonos coa cor. Este libro é unha indicación clara de que podemos ver o mundo de calquera cor. Somos libres para pensalo, para pintalo, para amosalo.
.
Sen comentarios
Publicar un comentario