Falamos en masculino, porque o libro é un reflexión sobre a parternidade, unha homenaxe que ambos, Carlos e Benxa, en versos e fotografías, realizan aos pais da posguerra.
esas maus non se herdan
nin a destreza coa garlopa
nunca adquirimos finura
ferranchar non se nos daba
A visión diferente que temos cando somos fillos de cando somos pais.
Cando somos fillos vemos aos nosos pais como entes aos que non desexamos semellarnos, porque son seres cheos de defectos que non queremos compartir. Eles, pola contra, desexan que herdemos, cando menos, as súas virtudes.
Cando somos pais dámonos conta de que anhelamos que os nosos fillos se parezan a nós. Cambia a nosa mentalidade porque xa non somos obxectivos: proxectámonos nos nosos fillos, pretendemos que sexan unha versión mellorada de nós.
A parternidade, como ser pai, é tamén unha das reflexións do poemario.
facerse home
era elaborar os domingos
unha natureza morta con cheiro a cartucho
O libro reflexiona asemade sobre como a posguerra conformou
unha forma de ser, as penurias pasadas obsérvanse nalgúns poemas. Tempos de racionamento e austeridade.
en como aproveitas o carozo da mazá
en como arrodeas co coitelo parte podre
nese xesto coa peza da froita
gárdase a fame toda dos corenta
a ansia de que nunca sobre nada
de aproveitar ata a codia máis dura
unha forma de ser xa inquebrantable
Estas marcan
un silencio. O silencio desde o que os pais educan dende a resistencia a un mundo que pousou esperanzas e afectos que non se mencionan.
o amor
era regresar á casa
cunha caixa de mantecadas de Astorga
e o cambio que se produce asemade sobre esta forma de educar.
negar a necesidade das bágoas
confundilas con líquido de freos
e o silencio carrexalo no remolque
como travesas prás minas de Asturias
Deixar pasar o tempo, e canda el, o novo diálogo dos afectos
verte avó
ver tocarlle
á banda
outra peza
poñerlle música
a serodios afectos
Cambiamos arestora ese silencio polas
palabras que nos acompañan.
Sen comentarios
Publicar un comentario