Gustoume esta proposta diferente, La musa oscura de Armin Öhri publicado por Impedimenta. Un argumento moi diferente e unha época e un lugar pouco habituais: a Prusia de Bismarck. Asemade, vemos como funciona unha ciencia forense que comeza a agromar nesta época, e o uso da fotografía para plasmar os detalles das escenas dos crimes. Asemade, o libro afástase do que hoxe entendemos por novela negra, posto que sabemos quen é o asasino dende o primeiro momeneto pero aínda así o final é bastante sorprendente. Sabendo quen é o asasino dende o principio, a historia non decae en absoluto, ao contraio, e aí radica o mérito desta obra. Diferente tamén é o punto de vista do narrador, que neste caso é o debuxante das escenas dos crimes; tamén servirá para que a subtrama sexa protagonizada precisamente por este mozo e a súa historia amorosa.
O mellor, que xa temos continuidade deste libro nun segundo publicado pola mesma editorial.
Sen comentarios
Publicar un comentario