Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/01/26

Un último instante contigo



 Un último instante contigo de Naoko Higashi publicado por Neko Books reúne once historias cun punto en común, a morte e o regreso transformado nun obxecto cotián para estar preto dun ser amado. Non sei se podemos incluír este libro no "healing fiction" do que xa falamos anteriormente, porque quizais esváese un pouco xa que estas historias contan un final, por iso digo que se afasta un tanto, pero ao mesmo tempo intúo máis ou menos a mesma sensibilidade que naquel, a mesma tenrura. Volvo a estar ante un libro que non me encanta, quizais porque eu xa non estou nese modo literario. É un libro que se le en pouco tempo e que simplemente nos lembra a fugacidade das nosas vidas, pero sinto opinar que eu non creo que vaiamos ter esas oportunidades de reencontro mudo. 

Vaia, de novo este "boismo" típico que nos sinala que non malgastesmos o tempo facendo dano e que colleitemos unha vida feliz. 

Que doado!


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.