Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/01/15

Pasen e miren

A editorial Bululú é a encargada da pulblicación deste álbum de María Canosa e Dani Padrón, Pasen e miren. Un circo moi especial, un pouco afastado do tradicional, xa que a fantasía é quen permite que nos presenten un crico enxeñoso onde os protagonistas son verdadeiramente ben especiais. Así, será a xirafa presentadora, Amelia, quen nos vai contando todo o desfile de personaxes singulares que poboan a area do circo (aínda que algún non queiran nin pisala, como os monos "Bonitos"). O tándem de personaxes inclúe un león vexetariano e un elefante tan elegante que é modelo grazas á súa trompa de cores. Ollo! Neste circo lido hai páxinas para un home bala -temeroso- e un equilibrista.
Un novo álbum destes dous creadores que son capaces de xuntar tenrura e maxín en forma de álbum contaxioso.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.