Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/01/13

O aborto segundo George Carlin

16/01/13

Querido Tommy

Tommy Torres, músico, recibiu un correo dun seu fan para pedirlle axuda para conquistar unha moza. Este foi o resultado:

Vía

Crónicas de Jerusalén

Moi interesante este cómic de Guy Delisle publicado por Astiberri: Crónicas de Jerusalén foi Premio ao Mellor álbum no Salón Internacional do Cómic de Angoulême 2012 e lese como unha novela non só polo seu grosor senón polo xeito de narrar. O cómic relata a estancia do autor máis dun ano en Xerusalén, pero faino non como unha crítica senón como un libro de viaxes. O autor fai un diario en cómic da súa vida alí, contándonos o que alí ocorre polo que ve e polo que lle contan, sen aportar unha visión crítica, posto que coa información que nos ofrece xa podemos tirar nós as nosas propias conclusións. E nestas tamén observamos a súa animosidade cara un goberno que permite e fomenta odios raciais.

O autor explica:

 “Hay cosas que sólo he entendido al estar en Jerusalén. Y cuando descubro algo nuevo tengo la debilidad de creer que es interesante compartirlo. Por ejemplo, me parecía pertinente explicar cómo funcionan las colonias, de qué forma está dividida en dos la ciudad, este tipo de cosas...”.


15/01/13

Liberdade

Malek Jandali, sinfonía "Liberdade", inspirada na canción de Ibrahim Qashous: 



Vía

El coche de Intisar

Pedro Riera e Nacho Casanova son os autores de El coche de Intisar. Retrato de una mujer moderna en Yemen publicado por Glénat. Unha historia que nos lembra o que algunhas mulleres deben loitar no seu día a día por vivir nun mundo feito por e para os homes. O autor recrea a historia dunha moza iemení a partir de anacos de historias que lle contaron diferentes mulleres naquel país, podendo contemplar así como elas non están conformes coa vida que os homes lles dan sen cuestionarse a aceptación delas, xa que elas non poden controlar a súa vida en ningún ámbito, todo baixo un lema relixioso tamén inventado ao servizo da manipulación e do dominio absoluto.
Moi aconsellable subir a este coche e apredermos máis de realidades afastadas que ás veces nin vemos nin queremos ver. Polo tanto, máis que recomendable.


El currículum de Precario

Moito se ten falado do anuncio de Campofrío. Este resulta un mellor competidor e un bo retrato da nosa educación, desgrazadamente, sen perder o humor:

14/01/13

Lux Aeterna

Unha curta de creacións 3-D que parecen reais pero son gráficos de ordenador (CGI) agás a imaxe da galaxia Messier 74C nun plano.
En palabras do  autor:
Lux Aeterna es recorrido acompañando a la luz en su viaje desde las más lejanas galaxias hasta las más pequeñas gotas de agua.


Vía

La marca del meridiano

A verdade é que me aledei moitísimo cando souben que Lorenzo Silva gañara o último Premio Planeta, posto que aínda que me confeso non seguidora deste premio teño por Lorenzo Silva unha grande estima despois das súas dúas visitas aos centros de ensino nos que estiven. E recoñezo que a miña alegría foi maior cando cheguei á casa de meus pais e vin que meu pai xa mercara este libro, o que para min supuxo un alivio económico.A verdade é que non debeu ser moi difícil adiviñar a autoría de quen ao premio se presentaba ao formar parte da serie protagonizada polos gardas civís Bevilacqua e Chamorro, pero esa é outra cuestión que a min, particularmente, non me afecta. La marca del meridiano é a novela negra de Lorenzo que máis presente ten o contexto socioeconómico no que se desenvolve a acción (non tanto como as novelas de Petros Márkaris) posto que xa sabemos que é un instrumento propicio para analizar tempos revoltos como o que estamos a vivir. Así poderemos ler como os recortes salariais aos funcionarios ou as tensións políticas Cataluña-Madrid axudan á manter esa ironía propia do protagonista que nos conquistou hai ben tempo. Aínda que a min deume a sensación de estar escoitando ao autor, non ao personaxe.
Así que, unha entrega máis, os seguidores desta saga estamos de parabéns. Non entanto, teño de admitir que a min non me gustou tanto como outras novelas anteriores, a pesar de que se introduce por vez primeira unha tensión antes inexistente entre Bevilacqua e Chamorro e se nos conta unha intensa historia de amor que intuímos marcou profundamente o carácter de Bevilacqua nas entregas anteriores. Todo isto coa corrupción de fondo, non menos importante. Así que reflexionemos e actuemos en consecuencia.







Desaparecendo

Traballo do dúo Andermay contra a anorexia, falándonos das súas consecuencias, entre elas a soidade.




Te vi caer
cuando estabas ya sin solución,
Mi amor no fue suficiente,
es más, él te arrastró.
Fingir que comes por no ver
pasar el tiempo por tu piel.
Te perdí sin saberlo,
te perdí, te perdí sin quererlo.
Y por satisfacerme a mí, te destruí.

Poco a poco comenzaste a menguar, poco a poco desapareciendo,
Poco a poco te volviste de cristal y no lo vi.
Poco a poco comenzaste a volar,
yo trataba de parar tu vuelo,
pero ya era tarde y en el hospital te vi partir.
Sí.

La enfermedad para no engordar te consumió.
Y se que yo te empujaba más.
No oí tu voz.
Pidiendo ayuda sin hablar,
las cosas se pusieron mal.
Te perdí sin saberlo,
te perdí, te perdí sin quererlo.
Y todo se paró sin más, te destruí.

Poco a poco comenzaste a menguar, poco a poco desapareciendo,
Poco a poco te volviste de cristal y no lo vi.
Poco a poco comenzaste a volar,
yo trataba de parar tu vuelo,
pero ya era tarde y en el hospital te vi partir.

El culpable fui yo, no tengo perdón
Te perdí sin saberlo,
te perdí, te perdí sin quererlo.
Sé que el amarme te mató.

Poco a poco comenzaste a menguar, poco a poco desapareciendo,
Poco a poco te volviste de cristal y no lo vi.
Poco a poco comenzaste a volar,
yo trataba de parar tu vuelo,
pero ya era tarde y en el hospital te vi partir.

Te vi caer
cuando estabas ya sin solución.

                                                                            Yul.


Vía

13/01/13

¡Estela, grita muy fuerte!

Absolutamente boísimo este álbum publicado por Fineo de Isabel Olid con ilustracións de Martina Vanda para falar dos abusos sexuais infantís: ¡Estela, grita muy fuerte!. É unha historia forte, desas que desexariamos que non existisen, pero que desgrazamente están aí e non podemos obvialas. Así que libros coma este son absolutamente necesarios e deben estar en todas as bibliotecas onde haxa nenos e nenas: porque deben lembrar que hai que berrar cando é necesario e porque hai que recordarlles aos papás e ás mamás que escoitar é moi importante.
A autora do libro sufriu vexacións ela mesma, maxinade canto sabe para falar deste tema! O obxectivo do libro é axudar a reforza a valentía e ensinalos a expresarse.


"El otro día, por ejemplo, a la hora de la lectura, Estela escogió un libro precioso con peces de colores lila, que es su color preferido, y Lucía se enojó porque ella también quería leerlo y empezó a pellizcarla en los brazos y en las piernas, Estela que no sabía que hacer, se puso a llorar bajito y se imaginó que era un pájaro de color naranja que volaba muy arriba, arriba y que subía hasta el techo para que ya no la pellizcara mas"
 
 

Non á violencia contra as mulleres (CCXCI)


Hai no Facebook unha páxina que se chama 12 causas feministas para un 2013 menos machista que vos convido a visitar. Dende alí chego a este anuncio dunha ONG sudafricana, POWA (People Opposing Women Abuse), que loita contra as violacións a mulleres nese país. Componse de dúas follas pegadas e para poder velo completo hai que tirar con forza. Ao depregar as páxinas vese unha muller tirada nunha cama coas pernas abertas e, baixo estas, a frase: "Se vostede tena que forzar, é violación".







12/01/13

Arquitectos do A ao Z



Vía

Culpa

Moito me recomendaron o libro de Ferdinand Von Schirach Crímenes, así que cando vin este segundo non o pensei, e non errei precisamente: Culpa, publicado asemade por Salamandra, é unha lectura que non deixa indiferente. Ambos libros teñen en común que son un conxunto de episodios xudiciais nos que o escritor intervén dalgún xeito. E parece ser que tamén ambos comparten a maneira de estar escritos: economía de recursos e exposición clara e axustada. E o resultado é fascinante. Porque estas noveliñas negras foron reais e iso dános unha idea de todo do que a humanidade é capaz. Outra cousa que nos queda clara: a xustiza non é nada perfecta.
O primeiro relato, para comezar, dá calafríos. (Re)Coñecer un delito semellante e a súa impunidade resulta estarrecedor. E botámonos a tremer. Así que ide pasando páxinas.
Tal como anuncia o título, a culpa é unha constante nos relatos e o protagonista de todos eles. Ollo! Falamos de culpa en xeral: a culpa do delicuente pero tamén daqueloutros axentes que interveñen en calquera crime. Non busquedes arquetipos do ben e do mal, senón calquera sentimento arredor deles.
Unha lectura moi satisfactoria. E iso a pesar da frialdade do narrador e do seu distanciamento. Será porque, creo eu, pretende que sexamos nós os que xulguemos.

Paisaxe ao negro

Da fotógrafa iemení Boushra Almutawakel . É a primeira muller fotógrafa profesional no Yemen, xoga coas prendas de vestir típicas da muller musulmá, cubrindo e descubrindo os modelos para explorar o progresivo cambio á hora de cubrir o corpo que experimentaron as mulleres iemenís nestes últimos anos.

 



Vía 

O interese da fotógrafa pola serie "Hiyab" radica na necesidade de explorar a muller a través de todas esas facetas que a acompañan: maternidade, poder feminino, parella e o seu paso de suxeito a obxecto.
Dentro desta serie inclúense algunhas fotografías sobre a moneca "Fulla" (a versión da "Barbie" nos países musulmáns). A fotógrafa crea escenarios onde estas monecas aparecen en momentos da vida cotiá, o que axuda á naturalización dos seus suxeitos.

Vía

 

11/01/13

O funambulista e a lúa



Dean Potter camiña sobre un arame no pico Cathedral no parque de Yosemite (California). Para conseguir o efecto necesítase filmar a escena desde máis dun quilómetro de distancia e cun gran teleobxectivo.

Circoxidado

Un álbum moi chamativo resulta ser este que agora teño entre as mans, Circoxidado. El gran espectáculo de Crispín Capote & Flamarión publicado por Kalandraka, con texto de Álvaro Alejandro López e ilustracións de Sergio Mora. Chamativo pola dobre vertente do álbum: texto e ilustracións son do máis orixinal. Se falamos destas últimas direivos que resultan ser unha especie de carteis publicitarios do século XIX, a maxia que consegue que estes se volvan tan reais como os personaxes descritos polos poemas que nos falan de personaxes fantásticos con raras habilidades, unha especie de surrealismo irreal e idílico. A maxia do circo transformada na maxia do libro que permite que os soños máis estrambóticos se fagan realidade, porque... quen non gusta de facer malabarismos coas palabras, coas letras, coas ilustracións? Quen non marcha para a cama soñando con que tamén nós vivimos estrambóticas aventuras, convertémonos en asasinos, detectives, magos ou pintores? Se a maxia da literatura nos dá isto e moito máis, mesturade agora a maxia da literatura coa maxia do circo. O resultado tédelo entre as mans: Circoxidado.

10/01/13

Diapasón

Lin que este álbum está considerado como un dos mellores do 2012 e agora non me estraña en absoluto: é incrible. Publicado pola editorial Océano (que bos álbums está ofrecendo!), Diapasón é de Laëtitia Devernay. Recoñezo que para min xa ten un punto a favor por aquilo de non ter letra, é dicir, de servirme igualmente para a miña aula. Un libro cun título moi claro: se un diapasón serve para afinar instrumentos, con este deberemos afinar os nosos sentidos para entender e para interpretar a música da natureza.
Gañador dos premios Bologna Ragazzi Award 2011 e CF Picture Book Festival 2010.
Cal é o erro desta edición? Que non está publicado como un acordeón, tal como era o seu orixinal. Mágoa que a editorial non o respectase! Gañaría cen por cen. Se aínda así é fermoso, maxinade como sería de telo así:


Con Ricardo Gómez

O escritor Ricardo Gómez veu no mes de decembro ao IES Pintor Colmeiro a nos falar do seu libro O cazador de estrelas e do Sáhara. Logo, as nosas xa expertas entrevistadoras, falaron con el: 

Ricardo Gómez no Colmeiro from trafegandoronseis on Vimeo.

09/01/13

Fnac

Publicidade eliminada por violenta. Dirixida por Álex de la Iglesia:



Vía

Virginia Woolf

Cando souben que saía a biografía de Virginia Woolf en cómic pareceume unha idea moi interesante, por iso lina tan pronto tiven un oco. Os seus autores son Michèle Gazier e Bernard Ciccolini, a edición corre a cargo de Impedimenta. Virginia Woolf é un libro delicioso, unha biografía que nos amosa unha nenea doce e tenra que foi medrando mentres vía desaparecer á xente máis amada; unha moza, unha muller, que precisa de cariño, de amor, e que o busca por todas partes. E o máis interesante de todo: o libro foxe da loucura, non se presta a declarar o mito da tolemia senón que quere mostrarnos a muller que foi, realmente. Aínda que non afonda e pasa por alto moitas facetas da súa vida, claro está, é unha homenaxe á escritora, á muller que sentía e necesitaba, á muller de carne e óso que ten medo, que sofre, que vai ás entrañas da Literatura.
O cómic, o debuxo, é fermoso. Directo. A primeira escena, a nena que ama á súa nai, paréceme intensamente perfecta. Ademais, non agocha pinceladas que nos quedan para investigar máis na súa biografía: a súa sexualidade, os abusos do seu irmán, as relacións con outras escritoras, a súa dificultade como escritora, a súa posición política...
Moi recomendable.







Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.