Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
09/09/10
Green Porno
Atoparalo en Arte, Ciencia, Documental, Humor, Xeral
08/09/10
Biocultivos
El monstruo que se comió la oscuridad
Con texto de Joyce Dunbar e as irresistibles ilustracións de Jimmy Liao, El monstruo que se comió la oscuridad é un libro delicioso cunha conmovedora historia de soidade e cariño onde o tamaño non é o que o importa, senón que é o cariño o único motor posible do universo.
Precioso!
Atoparalo en Álbum ilustrado, Barbara Fiore, Recomendamos
Música bibliotecaria
Ademais destes vídeos de Youtube hai que engadir:
Urban Tapestry – Library boy / Escuchar canción
Jimmy Buffett – Love in the Library / Letras
Frank Zappa – Library card / Letras
Eels – Manchester Girl / Letras
Bobbie Gentry – Miss Clara / Letras
Rob Lopresti – Reference Librarian / Letras
Atoparalo en Biblioteca, Libros, Música
07/09/10
La vida entera
rrebatos levados pola portada e pola finta que reza unha frase de Paul Auster, recomendándoo. Aínda así, creo que paga a pena lelo, que está ben, aínda que non sexa un deses nos que afirmo categoricamente "TES que lelo!!!". Tamén presumo que detrás está tamén unha miña ideoloxía contraria ao que agora mesmo están a facer os israelís en Palestina, polo que esta guerra desde o seu punto de vista non me produce a mesma compaixón á hora de sentir a lectura.David Grossman, autor de La vida entera, é un dos mellores novelistas actuais que posúe Israel. Nesta obra lévanos de paseo polo seu país e a intimidade dunha muller, nai antes ca nada, que debe andar para preservar a vida do seu fillo; mentres a acompañamos nos seus pasos imos descubrindo todo o seu pasado, o amor e a paixón, a tristura e o desalento, a intimidade máis sonora e a soidade máis cruel. O camiño supón ademais descubrir o poder da palabra: non só os pasos son importantes, senón tamén as verbas, a historia, a vida enteira que a protagonista decide ir contando ao seu acompañante. Así iran parellos ambos, camiño e historia, tan importantes un coma outro, para seguir adiante, para afrontar o pasado e encarar o futuro, para salvar a memoria dos que, por amor, non deben marchar de onda nós.
Unha historia interesante ofrece esta novela na complexidade dos sentimentos da protagonista, unha muller coma calquera outra porque, coma todas, sofre, sorrí, ama, discute, perde, berra, chora... e equivócase.
Atoparalo en Guerras, Lectura, Libros, Lumen, Recomendamos
Os medios en galego importan
Asina aquí, se queres.Un país é o que fala. Galicia é o Galego. Ninguén pode matar unha lingua. Pero é moi fácil deixala morrer de inanición e abandono. Todos somos responsables de que a nosa lingua reciba a xustiza que merece e as oportunidades que se lle negaron na historia. Que haxa medios en galego importa. Resulta imprescindible para que a nosa lingua viva e medre con futuro. Apoiar ós medios en galego é axudarnos a nós mesmos e o que somos. Resulta cínico e irreal esperar que anos de intervención do mercado a favor do castelán vaian corrixirse sos. Alguén ten que facelo e ten que facelo agora.
Ningunha administración pública deste país pode declararse allea ou ausente cando pechan un trás doutro os xa poucos medios que apostaban pola nosa lingua. Ningunha administración pública pode dicir, sen faltar á verdade, que fixo todo o que podía facer, ou que non hai recursos porque estamos en crise. Demandamos do goberno que poña a vontade política e os recursos que non dubida en poñer para axudar a outros sectores ou medios que non o precisan tanto. Demandamos das administracións públicas que tome a decisión de axudar ós medios en galego porque é xusto, porque o merecen e porque se lles debe.
Ningún lector ou espectador deste país pode tampouco declararse alleo ou ausente cando pechan un trás outro os medios que se fan na nosa lingua. Os únicos que realmente poden garantir o futuro de calquera medio son os lectores, as audiencias e os anunciantes. Algo falla nun país onde tanta xente se declara amante da súa lingua ou tantas empresas utilizan a galeguidade para posicionarse nos mercados, pero logo non hai nin lectores nin anunciantes para os medios que se fan en galego. A desaparición dos medios no noso idioma non é un problema nin unha responsabilidade da administración, é un problema e unha responsabilidade de todos.
Pero... ten razón este artigo?
Atoparalo en Actualidade, ENL, Galicia, Linguaxe
Dar aulas en galego coa forza da lei
Atoparalo en Actualidade, ENL, Galicia, Linguaxe
Versión publicitaria de "El Jueves"
vía
Atoparalo en Humor, Publicidade
06/09/10
Necesitamos libros cheos de verán
Vía
Atoparalo en Fomento da lectura, Libros, Poesía
Mundo roto
Vía
05/09/10
Sempre hai un lugar para a poesía (LXXXII)
El leve martilleo del otoño
como una baraja de naipes afilados
sesga mi memoria,
y al pisar las lenguas secas,
desertoras tristes de sus árboles,
oigo mi voz y no me reconozco,
¿fue tan hermoso ese día de campanas
en que desnudo en la yerba
fabriqué este recuerdo?
Félix Francisco Casanova
de La memoria olvidada. (Hiperión, 1990)
Atoparalo en Poesía
04/09/10
Fuck Me, Ray Bradbury
03/09/10
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.







