Vía
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
18/08/13
Castilla Drive
Publicado por Ediciones La Cúpula, Castilla Drive de Anthony Pastor gañou o premio ao mellor cómic polar -de serie negra- do Festival do Cómic de Angoulême. Este estilo "polar" significa algo así como profundar no social e no anímico. Algo que eu descoñecía e que me encantou aprender coa lectura deste libro fascinante que non se pode deixar ata telo rematado. Non sei tampouco se dentro deste xéneo é habitual utilizar a cor no cómic, a min sorprendeume e gustoume, xa que ademais serve mesmo para realzar a sorpresa que supón pola dureza do contido, xa que o que agocha é mesquindade, protagonizada por xente normal. Gustoume tamén que a protagonista sexa unha muller detective, agobiada polo seu traballo dentro e fóra da casa, soa con dous fillos. Un relato sobrio que me fai degustar os bos cómics nos que ando metida ultimamente.
Atoparalo en Cómic, La Cúpula, Lectura, Libros, Recomendamos
17/08/13
Los ignorantes
Poñéndome ao día en cómics, chego a estoutro que tamén me gustou moito, e que ademais lévame a moitos outros que pasarei a descubrir en canto me sexa posible. Los ignorantes está publicado por Ediciones La Cúpula con texto de Étienne Davodeau. Con dous protagonistas, o autor e o viticultor Richard Leroy: un experto en cómics e un experto en viños que intercambiarán coñecementos para que o autor os transcriba no papel para facernos testemuñas dese periplo que vai da ignorancia ao coñecemento. Ambos comparten un punto básico: a paixón polo seu traballo. Gustoume moito, e paréceme xenial que ao final do libro veñan dúas lista, unha de viños e outra de cómics. A min, particularmente, interésame máis a segunda, pero creo que é unha boa idea compartilas.
Atoparalo en Cómic, La Cúpula, Lectura, Libros, Recomendamos
Sempre hai un lugar para a poesía (CVIII)
¿Cómo decirte
hombre
que no te necesito?
no puedo cantar a la liberación femenina
si no te canto
y te invito a descubrir
liberaciones conmigo.
No me gusta la gente, que se engaña
diciendo que el amor no es necesario
- "témeles, yo les temo"
A nombre propio declaro
que me gusta saberme mujer
frente a un hombre
que se sabe hombre
que sé de ciencia cierta que el amor
es mejor que las multivitaminas,
que la pareja humana
es el princpio inevitable d la vida,
que por eso no quiero jamás
liberarme del hombre;
lo amo
con todas sus debilidades
y me gusta compartir con su terquedad
este ancho mundo
donde ambos nos somos
imprescindibles.
No quiero que me acusen de mujer tradicional
pero pueden acusarme
tantas como cuantas veces quieran
de mujer.
Gioconda Belli
Atoparalo en Poesía
16/08/13
El libro de los agujeros
Divertido e instructivo álbum de Claire Didier con ilustracións de Roland Garrigue que publica SM: El libro de los agujeros é un catálogo de buratos, desde o máis visible como o ollal dunha camisa ata aqueles que son menos tanxibles pero máis perigosos, como os financieiros. Non hai por que lelo seguido, xa que podemos ir salteando as páxinas. É moi divertido tanto pola información que aporta como polas anécdotas que conta. Ademais resulta moi chamativa a súa estética, mesmo ten buratos nas páxinas!
Capítulo 1
Feria agujerera
"Los tengo caros y baratos. Para jugar y para cantar.
Dulces y salados. Grandes y pequeños. redondos y alargados.
¡Los tengo para todos los gustos y para todos los bolsillos!
Para amantes dela arte a aficionados a la literatura.
Para flautista y violinistas. Para campeones del golf y del billar.
¡Pase y vean! ¡Insólitos agujeros a precios insuperables!"
Capítulo 2
Agujeros de la tierra
¡Salid todo el mundo del agujero. He recorrido el mundo de cabo a rabo
en busca de ejemplares la mar de raros: agujeros misteriosos, gigantescos y algo coléricos!
He visitado grutas magníficas y cruzado desfiladeros.
Me he descolgado por precipicios de vértigo y contemplado paisajes de ensueño
perforados por la acción del agua y del viento.¡Auténticos coladores de piedra!
Capítulo 3
Agujeros animales
He aquí las pequeñas casas de algunos animales muy sociables.
Poneos cómodos y leed con atención sobre
la madriguera de un jabalí de malos pelos.
Acariciad los bigotes de la foca que asoma a la cabeza por un agujero en el hielo.
Observad la actividad frenética de los hormigueros y los termiteros,
y a los murciélagos colgados con sus grutas cabeza abajo,
¡Tened cuidado al pasar por el agujero de la peligrosa morena!
Capítulo4
Agujeros del cuerpo
¡Todos atentos a los agujeros que hay en el cuerpo!
Agujeros para respirar y agujeros para oler.
Agujeros para escuchar y agujeros para hablar y comer.
Algunos animales sonríen con sus enormes mandíbulas y otros se abanican con sus inmensas orejas.
He visto la abertura nasal del delfín y a una llama ¡haciendo caca!
los hombres se colocan piercings en la nariz, en la lengua y en las orejas.
Haceos un hueco y tomad un asiento.
Capítulo 5
Agujeros fabricados
Los hombres se pasan la vida excavando agujeros en ciudades, montañas y mares.
Abren ventanas y puertas en los edificios y en las casas.
Algunos agujeros fabricados son agujeros desmesurados.
Otros son ruidosos y otros son sagrados.
Desde hace siglos, el hombre intenta sacar provecho del espacio que le rodea.
Así, ha abierto túneles para circular, hoyos para enterrar a los muertos,
desagües y alcantarillas, minal de sal y de diamantes, y ¡pozos de petróleo!
Atoparalo en Álbum ilustrado, Recomendamos, SM
El paréntesis
Encantoume este cómic de Élodie Durand publicado por Sins Entido: El paréntesis é unha historia autobiográfica da autora que sufriu unha estraña enfermidade neurolóxica cando era unha moza universitaria. Esta enfermidade provocaba que sufrise perdas de memoria, coñecementos e autonomía. Realmente extraordinario como consegue meternos na historia, sufrindo canda ela. Co decorrer das páxinas visitaremos médicos e hospitais, a axuda familiar imprescindible, os diagnósticos, os temores, ese burato negro que vai devorando a súa vida preguntándonos como puido saír del. El paréntesis é sobre todo unha historia de supervivencia e de loita, así como de reconstrución dunhas cinzas que case semellaban perdidas. Quizais aquí resida o mérito da historia, ese achegamento á traxedia dende o cotián, sen grandes nin terroríficos alardes. A autora intercala dous tipos de debuxos, os que ela debuxaba cando estaba enferma (bocetos enteiros na páxina moi expresivos) e as imaxes que utiliza para conta a historia dende a distancia, como un diario no que pregunta a seus pais aquelas lagoas que non lembra.
Un dos mellores cómics que lin ultimamente.Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Recomendamos, SinSentido
Matándonos Suavemente
A presión sobre a imaxe do corpo das mulleres é un auténtica problema, mesmo de saúde pública.
15/08/13
Trágame entera
Publicado pola editorial La Cúpula, este cómic de Nate Powell, Trágame entera, trata o tema da esquizofrenia infantil, a incomunicación familiar, o amor e a morte. Pero a pesar de que lin moi boas críticas, non é un libro que me encantase, quizais porque me resultou un pouco frío ou distante, e iso tocando os temas que toca. E non creo que sexa polo trazo nin polo argumento, que coido moi ben enfiado, pero non sei, supoño que me renxe por algún motivo que non sei explicar: o que si sei é que non me emocionou como debería. Tampouco resulta de doada lectura pola combinación constante do real coas alucinacións, o que esixe unha lectura de varios niveis. Chamoume a atneción o debuxo, con composicións paxinais diferentes.
Atoparalo en Cómic, La Cúpula, Lectura, Libros, Recomendamos
Caricaturas de escritor@s
Tullio Pericoli e os escritores
Tullio Pericoli é un caricaturista que colabora con numerosos medios de comunicación escrita. Descubrimos en Pinzellades algunhas das caricaturas que fixo de escritores:
Caricatura de Baudelaire
Caricatura de Borges
Caricatura de Pavese
Caricatura de Céline
Caricatura d'Einstein
Caricatura de Canetti
Caricatura de Kafka
Caricatura de Italo Calvaino
Caricatura de Joyce
Caricatura de Verne
Caricatura de Karl Popper
Caricatura de Marx
Caricatura de Leopardi
Caricatura d'Óscar Wilde
Caricatura de Pessoa
Caricatura de Proust
Caricatura de Robert Musil
Caricatura de Sartre
Caricatura de Sciascia
Caricatura de Stevenson
Caricatura d'Eco
Coreografia de Virginia Woolf
Caricatura de Woody Allen
Atoparalo en Arte, Escritores
14/08/13
Faneca Brava
Recoñezo que tardei en lle meter o dente por unha cuestión puramente persoal: que se era diferente ás anteriores, que quizais non gustaba tanto, que... e que a min non me gusta nada o título... Por fin, aquí está: asegurar que os meus prexuízos erraron. Unha vez máis.
Porque se algo hai que lle recoñecer a Manuel Portas, autor de Faneca Brava publicada por Xerais, é que coñece ben o oficio. Tanto por ser lector como por practicalo: ten moi claro como entreter e como enganchar. E esta é a primeira cualidade desta súa última novela (última publicada, dáme que ten 50 máis nun armario!)
Gústame o tema da novela e o xeito de tratalo. Non me gustou, pareceume case «holliwoodiense», a forma de resolver a trama. Que sexa a protagonista unha nena maltratada con fouteza para saír adiante, encántame. Que se faga "famosa e rica" e como o consegue, pareceume totalmente esaxerado. Tanto, que en todo momento sabemos quen está detrás do "negocio". Isto é o que menos me gustou, xunto con ese consabido didactismo tan presente na nosa literatura que -coido eu- sobra: que sexamos nós, os lectores e as lectoras, as que tiremos as nosas propias conclusións! Hai algunhas frases que nos encamiñan neste senso que se me fan incómodas, aínda que sexan opinións dun personaxe -e nas que se ve claramente o autor- (Caridade si, integración non. Até aí podiamos chegar)
O tema da familia como clan dos anos sesenta está moi ben tratado, unha base que está pronta a resquebraxarse en canto os membros poden voar. A hipocrisía e a falsidade é un punto de unión que marca a vida familiar e que agocha feitos tremendos que provocan arrepíos. Pero o máis importante é e será o bo nome da familia. Un acerto de tratamento que se impón aos defectos aos que fixen referencia, así como as perspectivas diferentes dos narradores e dos personaxes, algo no que Portas é un experto. Hai personaxes que se fan nosos: no momento en que soñei con eles souben que xa me gañaran. Como tamén gañan algunhas frases ben fermosas que o autor introduce ao longo da novela. (Unha especie de aluminose espiritual esfarelaba as súas vigas e corroía e enferruxaba os piares identitarios).
O tema da familia como clan dos anos sesenta está moi ben tratado, unha base que está pronta a resquebraxarse en canto os membros poden voar. A hipocrisía e a falsidade é un punto de unión que marca a vida familiar e que agocha feitos tremendos que provocan arrepíos. Pero o máis importante é e será o bo nome da familia. Un acerto de tratamento que se impón aos defectos aos que fixen referencia, así como as perspectivas diferentes dos narradores e dos personaxes, algo no que Portas é un experto. Hai personaxes que se fan nosos: no momento en que soñei con eles souben que xa me gañaran. Como tamén gañan algunhas frases ben fermosas que o autor introduce ao longo da novela. (Unha especie de aluminose espiritual esfarelaba as súas vigas e corroía e enferruxaba os piares identitarios).
(A miña prezada colaboradora fíxome notar que hai unha pequena confusión de nomes cara ao final na que eu tampouco reparara)
Así que, malia o meu medo inicial, sobrepasado con creces, unha novela coa que estou segura gozaredes.
Así que, malia o meu medo inicial, sobrepasado con creces, unha novela coa que estou segura gozaredes.
Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Xerais
Infancia escravizada
Bangladesh Autor: Steve McCurry
Myanmar Autor: Steve McCurry
Myanmar Autor: Steve McCurry
India Autor: Steve McCurry
India Autor: Steve McCurry
India Autor: Steve McCurry
India Autor: Steve McCurry
India Autor: Steve McCurry
India Autor: Steve McCurry
Malí Autor: Steve McCurry
Malí Autor: Steve McCurry
Nepal Autor: Steve McCurry
Nepal Autor: Steve McCurry
Níger Autor: Steve McCurry
Afganistán Autor: Steve McCurry
Afganistán Autor: Steve McCurry
Filipinas Autor: Steve McCurry
Tíbet Autor: Steve McCurry
Yemen Autor: Steve McCurry
Afganistán Autor: Steve McCurry
Atoparalo en Dereitos Humanos, Fotografía, Infancia
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.






































