Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/11/13

Cuando los ogros se quedan solos


Impresionante álbum sobre o nazismo en clave metafórica que nos ofrece a editorial Proteus con texto e ilustracións de Pere Puig: Cuando los ogros se quedan solos é unha adaptación do libro Eichmmann en Jerusalén. Un informe sobre la banalidad del mal de Hanna Arendt (1906-1975), filósofa alemá e unha das pensadora máis influíntes do século XX. O álbum fala tamén da banalidade do mal de personaxes como os mandos nazis que esparexeron odio e destrución porque, simplemente, "obedecían ordes". Tanto o relato como as ilustracións contribúen a que sempre debemos pensar onde está a nosa liberdade e a nosa dignidade.



Non á violencia contra as mulleres (CCCXXXVII)

Paco Damas canta cancións dedicadas a mulleres ("Alfonsina y el mar, Desde mi libertad, María la portuguesa"...). Con lectura poética de textos de mulleres universais como María T. León, María Zambrano, Zenobia Camprubí, Rosalía de Castro, Ernestina de Champourcin, Concha Méndez, Gabriela Mistral...

16/11/13

Rupturas deliciosas

Princesa ama a Princesa

A proposta de hoxe é un cómic ben curioso, innovador e diferente de Lisa Mandel publicado por Kraken: Princesa ama a Princesa mestura os contos clásicos de princesas con novelas de espionaxe, modernidade e urbanismo, ata superheroes, para ofrecernos unha historia de amor entre dúas mozas e o descubrimento da sexualidade. Polo medio, unha nai dominadora, un amor imposible, mercenarios e paisaxes oníricas. Incrible!


Zarah. ¿No tendrás miedo, verdad?


Libros del Zorro Rojo é quen publica este divertido relato de Zoran Drvenkar e Martin Baltscheti: Zarah. ¿No tendrás miedo, verdad? é un libro (coido que non un álbum) ilustrado co que pasearemos a carón de criaturas que provocan calafríos, produto do maxín, e ao mesmo tempo é un xogo que só descubriremos ao final, cando comprendamos que a verdadeira amizade é a que conta e que a maldade está provocada pola ignorancia. Ademais, como non todo é o que semella, deixádevos sorprender. Porque o mundo, ese que nos rodea, agarda sempre tras un recuncho para poder darnos un susto... ou non. E eses seres monstrosos non o son tanto... pero si o son os que parecen persoas normais.



15/11/13

Bob

El perrito que quería tener amigos

Publica Barbara Fiore o primeiro álbum infantil de Yoshimoto Nara: El perrito que quería tener amigos é un tenro álbum que fala da necesidade da amizade e da importancia que supón liberarnos de calquera tipo de prexuízos para que aquela xurda en calquera momento e con calquera persoa. Por que non damos unha oportunidade a quen é diferente?







Hecho con tus sueños

Para aprender a linguaxe de signos estes rapaces e rapazas cantan unha canción ben pegañenta:


14/11/13

Bendito Machine IV

A Terra acatarrouse

Publica Baía este álbum de Roxane Marie Galliez e Sandrine Lhomme: A Terra acatarrouse é un libro ecolóxico cen por cen; como non se vai acatarrar a terra tal e como a tratamos? Un tema ben necesario, na nosa lingua, para lermos máis dunha vez. Porque os días grises teñen luz e porque o azul é doce, o álbum propón solucións ante a terrible situación pola que pasa a nosa Terra... e que causamos nós. E aínda que o texto remata cun alento de esperanza, e creo que xa é demasiado tarde para dar marcha atrás. O ser humano non dá tregua á Terra. E esta acabará dándose por vencida. Reclamará o seu. Con toda a razón.
De todos os xeitos, aínda que me creara grandes expectativas con este álbum e aínda que me parece unha moi boa idea, non me acaba de convencer o texto. Non me gusta a solución do conflito e creo que se podería tirar moito máis partido del.

O futuro que agarda

Violencia en México reflectida simbolicamente nunha curta ben imprescindible. Hai que cambiar, XA!

13/11/13

Mobile

El secreto

Éric Battut escribe en El secreto publicado por Kókinos un álbum sinxelo e ben fermoso con amplo fondo branco onde os protagonistas son simpáticos e o texto segue o esquema repetitivo e o paso das páxinas van amosando un paradoxo segredo que é ben difícil de gardar. Un libro que convida a reflexionar sobre a importancia dos segredos, de como agochalos e se paga a pena negar o evidente.

Matrimonios homosexuais: novas perspectivas

12/11/13

Le silence sous l'écorce

100% Ilustración

A ver, podedes maxinar o que me pode gustar un libro con este título e que é un catálogo de ilustradores españoles amosándonos unha súa obra. Pero unha vez que o miro boto tanto de menos nomes como o admirado e prezado Xosé Cobas que o libro xa ten un pouco menos de valor. E sen pensar moito sigo a botar de menos a Rodrigo Chao, Noemí López... Está claro que "son todos os que están pero que non están todos o que son", pero... que lle vou facer, cariños son cariños. 
Aínda así, se vos gusta a ilustración, xa estades mirando este libro da editorial Bululú: 100% Ilustración é un catálogo de 100 ilustracións de 100 ilustradores. Conste, o prólogo afirma de boca de Siro López que "o nivel alcanzado é moito e este libro é unha boa proba". Pero, por favor, onde está Ana Juan, Premio Nacional de Ilustración 2010 ou Carme Solé, Premio Nacional de Ilustración en dúas ocasións!!!
Coido que é unha mágoa que non se complete este catálogo. Quizais debería ser cento e pico ilustración... e ser máis completo.


” El nivel alcanzado por los ilustradores españoles no permite injerencias de artistas habilidosos o audaces.Esto va muy en serio, y exige la especialización y dedicación plena. Este libro es una buena prueba.” - See more at: http://www.zaerasilvar.es/editorialbululu/catalogo/100-ilustracion/#sthash.eOKvYplq.dpuf
” El nivel alcanzado por los ilustradores españoles no permite injerencias de artistas habilidosos o audaces.Esto va muy en serio, y exige la especialización y dedicación plena. Este libro es una buena prueba.”   Siro López  - See more at: http://www.zaerasilvar.es/editorialbululu/catalogo/100-ilustracion/#sthash.eOKvYplq.dpuf
” El nivel alcanzado por los ilustradores españoles no permite injerencias de artistas habilidosos o audaces.Esto va muy en serio, y exige la especialización y dedicación plena. Este libro es una buena prueba.”   Siro López  - See more at: http://www.zaerasilvar.es/editorialbululu/catalogo/100-ilustracion/#sthash.eOKvYplq.dpuf

Oh, la l'art!


Publica Libros del Zorro Rojo este libro de El Roto: Oh, la l'art! reúne 50 viñetas sobre a arte e as súas circunstancias: o éxito final, a ollada do crítico, o público... Sempre baixo a perspectiva crítica dun autor que se nos antolla imprescindible na sociedade actual.


«El Roto es imbatible en su terreno. Nadie como él explica el sinsentido cotidiano del mundo, en lo social y en lo político. Y además lo hace mediante ese dibujo tan crudo y nada complaciente. Pues eso, un maestro, el Goya de ahora mismo.» Francesc Capdevila (MAX)
 
«Todo arte tiene un compromiso social: Elevar el nivel de conciencia del hombre. El artista camina con el hombre, a veces va por delante, otras veces camina con los demás, en ocasiones va rezagado.»
Andrés Rábago (El Roto).

Viaxe por Galicia

Documental datado en 1929 no que se amosan diferentes imaxes das 4 provincias galegas. É a única longametraxe documental da Galicia da preguerra:

Manuel Aris Torres, cine recuperado por el Centro Galego das Artes da Imaxe. A Coruña:

11/11/13

The Hell's Kitchen

Boas noites, Bufo!

Precioso álbum para os máis peques da man de Kalandraka: Boas noites, Bufo! de Pat Hutchins conquista polas ilustracións cheas de cor e ledicia e polo sistema repetitivo de palabras propio de libros deste tipo. A historia tan real dun bufo que pretende durmir de día cando os ruídos dos outros animais lle fan imposible o descanso -e aquí toparemos as onomatopeas propias de cada animal- ata a vinganza última do protagonista quen de noite non ten sono e ama facer ruídos que impiden o correcto descanso dos outros animais. Un sorriso picaresco se nos pinta na cara e a sensación de plenitude por estas ilustracións que achegarán aos novos lectores tantos animaliños que se van xuntando nas pólas da árbore. Memorización e xogo, ademais de divertimento, nun só libro. Que máis se pode pedir?

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.