Durante o século XIX e gran parte do XX fomos nós os que emigramos, cara a América sobre todo partían barcos cargados de xente fuxindo de condicións miserabeis. Posteriormente a emigración estendeuse a Europa, onde ocupabamos os traballos máis baixos do escalafón laboral, aqueles que os propios do país non aceptaban. Non podemos nin debemos esquecer o que pasaron os nosos avós, ás veces os nosos pais, para darlle agora as costas á realidade que todos os días vive o noso país. Non podemos nin debemos consentir a súa discriminación, os seus soldos mesquiños. Non podemos nin debemos esixir que esquezan a súa propia identidade para adoptar a nosa. África desángrase e os gobernos occidentais -os nosos- non fan nada; mentres non se corte a hemorraxia o problema é irresolúbel, xa que a situación foi creada por Occidente e o seu afán expoliador. E todos os días están a chegar pateras, caiucos... cartos roubados a si mesmos para chegaren ata aquí en condicións infrahumanas.
Coñecedes un libro fermosísimo que se chama Emigrantes de Shaun Tan? Unha historia sen palabras, porque as palabras sobran: as imaxes falan por si soas. As imaxes e a nosa propia memoria deberían ser suficientes...
Unha homenaxe a miles e miles de persoas que tiveron que deixalo todo "en busca dunha vida mellor"
Unha homenaxe a miles e miles de persoas que tiveron que deixalo todo "en busca dunha vida mellor"
2 comentarios:
Es un libro precioso (como, en general, todos los de esta editorial), y un nuevo concepto de álbum, que rompe fronteras con la idea típica de que el álbum es solo para prelectores o primeros lectores. Algo como lo que "Maus" hizo con el mundo del cómic.
Estou completamente de acordo contigo.A profe de meu fillo, como sabe que teño debilidade polos libros, comentoume sobre este pero eu non o coñecía, e cando mo trouxo non podía deixalo de ver. É incrible como pode expresar tanto sin unha soa palabra. Para que logo digan que o album ilustrado é só para os nenos e as nenas.
Saúdos
Publicar un comentario