Aproveitando o lanzamento mundial do primeiro disco en directo do grupo e que resume os seus 25 anos de carreira musical, traemos a esta sección a banda norteamericana liderada por Michael Stipe, R.E.M. (abreviatura de Rapid Eye Movement)
Xurdida en 1982 no Estado de Georgia, é unha banda pioneira do denominado rock alternativo e inspiración de bandas de desenvolvemento posterior. Tras uns primeiros anos nos que se consegue un notable éxito a nivel de críticas, foi a principios da década dos noventa cando R.E.M acada o estatus de grupo de culto por diante de bandas como U2 ou Nirvana, grazas á publicación do album Out of Time, que contén temas como Losing my religion ou Shinny Happy People.
O aneurisma cerebral que sufriu o batería Bill Berry durante un concerto que estaba dando o grupo en Laussanne (Suiza), e que estivo a piques de acabar coa súa vida, provoca o seu abandono do grupo dous anos despois e con el pérdese parte do espírito da banda. A marcha de Berry afecta á música de R.E.M., que comeza a entrar nunha etapa delicada.
O seu último disco de estudo saíu no 2004 baixo o título "Around The Sun", moi influenciado politicamente e cargado de críticas á política do goberno americano actual. Tras o lanzamento do disco, o grupo embarcouse nun Tour mundial de máis de 113 concertos, froito do cal se lanza agora un CD-DVD en directo co concerto do 12 de Febrero en Dublín.
Discografía básica
- Murmur (1983)
- Out Of Time (1991)
- Automatic For The People (1992)
- Monster (1994)
- New Adventures In Hi-Fi (1996)
2 comentarios:
Por certo, recoméndovos que apaguedes as luces e lle deades volume a "Everybody hurts". Unha pequena xoia que cómpre escoitar nas mellores condicións...
Agardo que vos guste
Unha aperta enorme a todos os nosos visitantes!
Realmente unha xoia da que eu collo unha frase "Take comfort in your friends"
Anxinho, moi boa a recomendación.
Bicos!!
Publicar un comentario