Este retos son moito máis doados do que puideran parecer. Veña, mentes marabillosas, é hora de pensar!
Reto 1.- Dúas rapazas están conversando mentras corren unha a carón da outra. Ao cabo dun certo tempo, Lía fixo 18 quilómetros e Marta 16. Sempre foron unha ao lado da outra e non teñen teléfono móbil nin ningún dispositivo de comunicación.
Como é isto posíbel?Reto 2.- Nunha casa encantada hai unha pantasma bastante especial: aparece en canto o reloxo comeza a dar a medianoite e desaparece coa última badalada. O reloxo tarda seis segundos en dar seis badaladas.
Canto dura a aparición da pantasma?Reto 3.- Darío e Nuria xogaron cinco partidas de xadrez. Cada un deles gañou e perdeu a mesma cantidade de partidas. Ningunha rematou en táboas.
Como é isto posíbel?
Solucións ao reto anterior:
Reto 1: 2 días
Reto 2: 110 pelotas
Reto 3: Familia Pérez: 7 homes e 4 mulleres; Familia Gómez: 5 homes e 2 mulleres
23 comentarios:
Comezo polo 2º, que me gusta.
Se consideramos que a traxectoria é circular e pensamos en que deran 1 volta a unha pista, a que vai polo interior andaría menos que a que vai polo exterior. Para que unha perccorrera 18 km e a outra 16 km tería que haber unha distancia entre elas de +- 300 m, cousa que non dá para falar moito.
A solución creo que está en supoñer unha distancia entre elas de 1m (poden falar perfectamente) e un número de voltas (x) que permita acadar a diferenza de 2km. Facendo as contas sáeme que logo de 318 voltas a unha pista de 9m de raio, Lía percorrería 18km. Con esas mesmas voltas pero indo 1m cara o interior (dando voltas de 8m de raio) Marta percorrería 16km.
... e chego tarde a unha cita e oirei o que teña que oír, pero deime o gusto de responder. Só espero que o gran meigo me diga que acertei... senón desta si que o mato!!
Saúde e sorte.
jajajajaja
Para empezar, dis que comezas polo segundo e a menos que a pantasma mudara de sitio, creo que intentas dar a resposta ao primeiro. Por certo, podería ser unha resposta válida xa que non dixen que non levan unha traxectoria circular (teño que recoñecelo) pero non fai falta complicarse tanto. Están ao ladiño...
Weno que vouno tentar. A ver o terceiro pode ser que tanto Dario como Nuria gañaron e perderon cada un deles 5 partidas e xa está, non? quero dicir, ponte que Nuria gañou 4 e perdeu 1, pois gañou e perdeu 5 ao igual que dario. eu pa min que nn debe ser tan siinxelo.
O segundo así "a priori" diría que a pantasma aparece 12 segundos pero nn creo que sexa este tampouco tan doado. E co primeiro nn me meto porque nn e plan de coller unha dor de cabeza.
Un saudo
Vexamos Xerarinho:
Os tres problemas son moi sinxelos e non fai falla buscarlle cinco pés ao gato. Pero teñen algún truquiño agochado.
Usade o sentido común...
No reto 1 pode ser que Marta fose correndo normal e que Lía fose correndo en zigzag acarón dela?? Creo que estou perdendo facultades...
Veamos...
O primeiro tenme despistada por iso do móbil. Debe ter algún truco que non pillo...
O segundo son 11 segundos
O terceiro é que non xogaron un contra outro sempre (polo menos unha partida non, e mesmo pode ser ser que non xogaran xuntos ningunha)
Por certo: bolbor es xenial!!!! Moi, moi divertido...
Que marabilla ver tanta participación!!
Pero hai bastante despiste polo que vexo... De momento, o único correcto é a resposta de Oki ao terceiro reto (un punto para ti!!).
O reto da pantasma non son nin 11 nin 12 seg.(segundo a miña teoría, claro) Seguide pensando...
E respecto ao primeiro pois... que queredes que vos diga. Un dos meus alumnos redondeláns resolveuno esta mañá tras analizar o enunciado con calma. Unha pista: pensa mal e acertarás!!
Ah! E eu tamén opino que Bolbor é moi simpático... para que non se me cabree!! jejeje
Unha aperta para todo@s!
Pode ser que a distancia non sexa a que recorren fisicamente, senon a que as separa dos individuos cos que esta relacionada a conversacion?? Estoume desesperando... :(
Pois non sei, vou a facer outra vez o 2º, pero agora... de verdade! jijiji!! tratándose de pantasmas teño que acertar, aínda que só sexa por experiencia propia.
Logo de moitas ecuacións "diferenciais" digo eu que, se o reloxo tarda 6 segundos en dar 6 badaladas, quere dicir que tarda 6/5=1,2 segundos en dar unha badalada calquera (excepto a 1ª, que non tarda nada, pois nela comezamos a contar).
Dito esto, se ten que dar 11 (ademais da 1ª, que non conta) tardará 1,2·11=13,2 segundos.
"Moraleja": as pantasmas son de vida efémera... pero sempre as ves ao día seguinte. Ou non?
Un saúdo.
E se Lía nn fala con Marta e resulta q Marta nn pinta nada ai no medio??
Por tentar que non quede, que non se pode monopolizar isto.
... e agora que o "penso"... igual Lía e Marta non son as rapazas que están correndo e conversando...
Dende logo que... como sexa así... é para... nos...
Hai que ver... como un se despiste o máis mínimo vén un alegre trasno de pelo crecho e písache a resposta...
É igual, eu sempre digo que esta rapaza vale moito... vai ser a alcaldesa na sombra.
Que alegria! Q alboroto! Q ilusion me fai! A ver se acertei...pois a verdade é que sería todo un reto atopa-la resposta antes ca o meu queridiiiiísimo e apreciadíiiiisimo titor....un....un.....vaia! nunca atopo a palabra! Ainda que dubido das miñas posibilidades de acerto...
Espero resposta!
ps: o que é todo un reto e deixar un comentario aqui.
e se resulta que unha das rapazas paraba a mexar e a outra resulta que a esperaba correndo estáticamente no sitio ou dando voltas arredor da rapaza que mexaba ou facía as súas cousas. e como andaba lixeira de ventre pois ao final resulta que unha fixo 2 Km máis ca outra, jejej
jajajajajaja
o que se vai mexar da risa son eu!!!
Mira que lle dades voltas ás pobres Lía e Marta que o único que fan é falar unha coa outra e correr...
Eu sigo dicindo que é moi doado!!
Ah! E o talento de Bolbor resolvendo o problema da pantasma sígueme abrumando (toma peloteo barato!)
Oooooi!!
Pois logo non comezaron a correr ao mesmo tempo... ou tampouco?
Tanta Lía e tanta Marta... se algunha vez tivera unha filla non creo que lle puxera ningún deses nomes... non sei outro...
Saúdos.
Bolbor, estasme desilusionando, a verdade. Tanta intelixencia malograda! Deixa de ser perruqueiro e atende ao que tes que atender: ás matemáticas... lóxicas
Pois eu non lle atopo sentido o primeiro. Como non o resolva bolbor que os fai todos
Teñoo! Teñoo!
Lía e maila outra están correndo sobre estas máquinas nas que corres sobre unha cinta(que nn sei como se chaman)!!!!
Espero que sexa isto!
CORRECTOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO!!!
por fin!!! O título da sección xa indica o tipo de problemas que poño por aquí: retos matemáticos e non tanto!
Noraboa, trasno (conseguiches superar a bolbor...parabens!)
Que alumnado máis listiño teño!!! Así dá gusto...
IMPÚGNOO!!!!
"Sempre foron unha ao lado da outra"
Iso non é certo, recórdolle ao ilustre matemático (algunha debera telo dito a estas alturas...) que "foron" é do verbo ir (que significa moverse cara a un lugar, desprazarse no espazo).
Sería así o problema se tivera dito que "Sempre estiveron unha ao lado da outra".
De tódolos xeitos felicito ao inquedo trasno de pelo crecho, e é que o que vale... vale para todo!!
Saúdos.
Publicar un comentario