Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/04/08

Retos matemáticos... e non tanto (VI)

Como vexo que a polémica creada cos anteriores retos foi bestial e que, no fondo, vos encanta rompervos a cabeza buscando solucións aos enigmas o máis enrevesadas posible, esta semana propóñovos retos algo menos matemáticos do normal... ou non tanto? Pensade, pensade!!

Reto1.- Un preso escapa da cadea por unha ventá que está a 60 metros de altura. Só dispón dunha corda moi resistente de 30 metros. Se ata a corda aos barrotes da ventá, se desliza 30 metros e despois salta los restantes 30 metros, quedaría feito papilla. Entón, decide dividir a corda en dous, fai un nó con ambas metades e consigue o seu propósito.
Como pode ser isto posible?

Reto2.- Como pode estar Tareixa detrás da súa nai, se a súa nai está tamén detrás de Tareixa?

Reto3.- (Especial Día do libro) Que libro ten o prólogo despois do epílogo, o final na súa primeira metade e o desarrollo antes da trama?

Solucións ao reto anterior:
Reto 1: Están no ximnasio correndo sobre cintas
Reto 2: 13'2 segundos
Reto 3: E quen che dixo que xogaban un contra o outro?

14 comentarios:

Anónimo dixo...

Jijijiji!!!
Dividindo a corda ao longo...
E non digo a cal respondo, senón igual me equivoco...
Un saúdo.

Anónimo dixo...

Jejejeje!!
Q empece o xogo logo!

Sorte!

apostamos algo???? Q me fai ilu!!

Anónimo dixo...

jejejejeje

Querido trasno... témome que desta vez o amigo bolbor vai a por todas!
Dígocho polo da aposta...

Anónimo dixo...

A ver, pode ser que por orde estén (de diante cara atras) a avoa, q se chama como a neta, a nai e logo a neta, Tareixa??

Anónimo dixo...

... só hai dúas persoas.Pero bo intento!
(a próxima vez vou ter que precisar perfectamente os enunciados porque buscádeslles todas as voltas, jejeje)

Anónimo dixo...

E poderá ser que apareza un espello polo medio da historia Tareixa-nai/nai-Tareixa??

Anónimo dixo...

A ver se acerto outra... igual é unha parvada, pero penso que Tareixa e súa nai están de costas. Non se me ocorre outro xeito.
A do libro... dou unha pista, é coma a dos números, pero con letras ¿? (jijiji!!)

Anónimo dixo...

este bolbor está que se sae... se non chega a ser pola historia Marta e Lía do reto anterior, díría que é un xenio!! jejejeje

(para que non estes tan crecido, querido compañeiro!)

Só falta o do libro por resolver. Pensade, pensade...

Anónimo dixo...

O do libro é a biblia. Que conste que o deducimos entre a miña irmá e eu... para que nn se me queixe, jejejejejeje

Anónimo dixo...

a biblia????
E como chegaches a esa conclusión?

me lo explique...

Anónimo dixo...

bo porque é o único libro coñecido.... non creo que sexa los pilares de la tierra ou la fundación. Ademáis a biblia ten o final na primeira metade porq a apocalipse está no vello testamento...non?

Anónimo dixo...

jajajajaja

flipei co da biblia!!! Moi boa, si señor!
Aínda así, creo que o feito de que o prólogo estea despois que o epílogo non o cumpre...

A seguir pensando!!

Oki dixo...

Pode ser o dicionario?

Anónimo dixo...

Extraordinario benquerida Oki!!

O dicionario é o libro que andabamos a buscar...

Retos superados!
Moi pronto o capítulo seguinte!

Grazas pola vosa participación!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.