Unha das intencións primeiras da colaboración entre
Iniciarte e nós é a de darv
os a coñecer artistas galegos. Hoxe, co permiso do meu socio colaborador, vou darme o gusto de vos informar sobre un artista amigo meu e compañeiro do que sempre será o noso centro, Ribadavia.
Xosé Poldras fórmase en Salamanca, s ' Hertogembosch e Maastrich. Expón desde 1989 e no ano 2002 comeza a súa participación en proxectos editoriais. O groso da súa obra é o gravado, aínda que traballa tamén a pintura, a fotografía e a escultura.
Obra en Coleccións: Colección de gravado da Biblioteca Nacional de Madrid.
Colección de Artes Plásticas da Deputación da Coruña.
Bienal internacional de Vila Nova de Cerveira.
Colección “Arte de Nuestra América” La Habana. Cuba.
Museo Majdanek de Lublin, Polonia.
Embaixada de Taiwan en España.
Centro Cultural Deputación de Ourense.
Museo etnolóxico de Ourense.
De autoría compartida, en: ARTIUM, Biblioteca Municipal “Juan Pablo Forner” (Badajoz), Casa Municipal de Cultura “Juan Ramón Jiménez” (Punta Umbría - Huelva), Centro de Arte Reina Sofía, Centro de Poesía Visual (Córdoba), Consorcio Museo Vostell Malpartida, Guggenheim, Universidad del País Vasco, MUSAC (León), CGAC, Escuela de Arte (Granada), entre outros.
Exposicións en Ourense, Vigo, A Coruña, Lugo, Salamanca, Barcelona, Pamplona, Madrid, Porto e Vila Nova de Cerveira, Portugal; Spilimbergo, Italia; Bages, Francia e o Wingfield College Yard, Inglaterra.
Queremos destacar tres gravados que forman parte dun cartafol de seis danzas nas que figuras mitolóxicas se relacionan con figuras de mulleres, parte dunha exposición con Xabier de Sousa e Isabel Somoza que anda rulando por Galicia desde o 2004. Son
figuras de mulleres deformadas polas súas culturas.
Sen comentarios
Publicar un comentario