Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/02/09

I Semana da BD (4)

Hoxe, día completo e a tope de actividades. A pesar do mal tempo, das enfermidades e demais, a Semana vai saíndo, cando menos, moi ben.
Hoxe á mañá acompañounos Rodrigo Chao, ilustrador de libros tan fermosos como Unha chea de familias ou O prodixio dos zapatos de cristal. Compartiu cos de 4º de ESO unha hora e media de explicacións sobre o proceso creador moi interesante. Esta visita debémoslla á editorial Galaxia, a quen reiteramos o noso agradecemento.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Rodrigo, o talento aliado coa tecnoloxía.

Parabéns ó equipo de normalización.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.