Cando este mes de maio fixemos a Feira do Libro Galego no centro, non podía maxinar que me ía prendar de libros coma este, que merquei tan só polas ilustracións. Agora aproveito o tempo de lecer para mergullarme na lectura destes supostos libros infantís que me encandilan. E este leva a palma: non podía maxinar que a súa lectura me levase a unha educación en igualdade e en valores que tanta falta nos fai na sociedade. Pois este libro, Titiritesa, de Xerardo Quintiá aborda o tema da homosexualidade feminina con tanta naturalidade, tanta tenrura ("sentiron un airiño trangalleiro que lles fixo cóxegas no pensamento") e tanta poesía que namora a calquera ouvinte ou lector, sexa do tamaño que sexa. O conto desmonta a idea dos contos de princesas, onde estas sempre son marabillosamente doces e fermosas mentres agardan un príncipe axeitado para elas, que o será, por suposto. Un conto de princesas de hoxe en día, libres e valentes, onde a necidade non aparece por ningures.
Mágoa non termos este libro hai uns cantos anos!
Mágoa non termos este libro hai uns cantos anos!
4 comentarios:
que interesante, a verdá
moi bo ,nunca me contaran un libro sobre princesas lesbianas, moi bo de verdade.
Uha historia tan fermosa coma necesaria que achega ás crianzas a experiencia do amor . Unha historia intelixente chea de poesía e tenrura, atrevida e nada timorata que nos acerca a unha realidade tan normal como o amor entre dúas mulleres pero que non obstante debe ser normalizada dende a infancia, e que mellor forma de facelo que mediante contos tan coidados coma éste. Un aplauso a editorial e o desexo de que prosigan nesta liña .
Totalmente de acordo contigo, María
Publicar un comentario