Cando este mes de maio fixemos a Feira do Libro Galego no centro, n
on podía maxinar que me ía prendar de libros coma este, que merquei tan só polas ilustracións. Agora aproveito o tempo de lecer para mergullarme na lectura destes supostos libros infantís que me encandilan. E este leva a palma: non podía maxinar que a súa lectura me levase a unha educación en igualdade e en valores que tanta falta nos fai na sociedade. Pois este libro, Titiritesa, de Xerardo Quintiá aborda o tema da homosexualidade feminina con tanta naturalidade, tanta tenrura ("sentiron un airiño trangalleiro que lles fixo cóxegas no pensamento") e tanta poesía que namora a calquera ouvinte ou lector, sexa do tamaño que sexa. O conto desmonta a idea dos contos de princesas, onde estas sempre son marabillosamente doces e fermosas mentres agardan un príncipe axeitado para elas, que o será, por suposto. Un conto de princesas de hoxe en día, libres e valentes, onde a necidade non aparece por ningures.
Mágoa non termos este libro hai uns cantos anos!
on podía maxinar que me ía prendar de libros coma este, que merquei tan só polas ilustracións. Agora aproveito o tempo de lecer para mergullarme na lectura destes supostos libros infantís que me encandilan. E este leva a palma: non podía maxinar que a súa lectura me levase a unha educación en igualdade e en valores que tanta falta nos fai na sociedade. Pois este libro, Titiritesa, de Xerardo Quintiá aborda o tema da homosexualidade feminina con tanta naturalidade, tanta tenrura ("sentiron un airiño trangalleiro que lles fixo cóxegas no pensamento") e tanta poesía que namora a calquera ouvinte ou lector, sexa do tamaño que sexa. O conto desmonta a idea dos contos de princesas, onde estas sempre son marabillosamente doces e fermosas mentres agardan un príncipe axeitado para elas, que o será, por suposto. Un conto de princesas de hoxe en día, libres e valentes, onde a necidade non aparece por ningures.Mágoa non termos este libro hai uns cantos anos!




4 comentarios:
que interesante, a verdá
moi bo ,nunca me contaran un libro sobre princesas lesbianas, moi bo de verdade.
Uha historia tan fermosa coma necesaria que achega ás crianzas a experiencia do amor . Unha historia intelixente chea de poesía e tenrura, atrevida e nada timorata que nos acerca a unha realidade tan normal como o amor entre dúas mulleres pero que non obstante debe ser normalizada dende a infancia, e que mellor forma de facelo que mediante contos tan coidados coma éste. Un aplauso a editorial e o desexo de que prosigan nesta liña .
Totalmente de acordo contigo, María
Publicar un comentario