Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/08/09

Sígueme

Sígueme (unha historia de amor que non ten nada de raro) de José Campanari, ilustrado por Roger Olmos, é outro deses libros dos que te namoras ao ver a portada, e máis se o abres e xa na primeira fantástica ilustración les que o protagonista é un "elefante gris con lunara morados que non tiña nada de raro!". Espectacular.
Conta a historia de amor -que non ten nada de raro- entre un elefante e unha formiga dun xeito divertido, completamente surrealista, cun personaxe principal que está disposto a percorrer calquera camiño para seguir o amor: amores sen prexuízos, sen diferenzas, sen tamaños (sobre todo!)
Cunhas ilustracións marabillosas que complementan o texto: o deseño das personaxes e os decorados que recrean son verdadeiras obras de arte. O ilustrador crea espazos tenros, imposibles, que desenvolverán imaxinacións de nenos e nenas e que fan a delicia de maiores.



Teño que dicir que este libro comprámolo todas as fanáticas do insti na Feira!!!


2 comentarios:

Montse dixo...

Este curso, recién terminado, leí "Segueix-me" a más de uno de los grupos que paso por la biblioteca. me gustaba leerlo. Les gustaba oírlo... me parece.

Ronsel dixo...

Seguro que si!!! Es muy hermoso: estos libros permiten entrar en otros mundos maravillosos; qué suerte tienen los niños, ¿verdad?
Saludos, Montse, y gracias por estar ahí.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.