Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/11/11

Educación ilustrada en Forcarei


Andamos mergullados esta tempada cunha actividade que demos en chamar "Educación ilustrada en Forcarei". Coa ilustración e da ilustración -ollo! non confundir coa Ilustración do século XVIII!!!- falamos e traballamos. Arestora, déixovos unhas fotos de dúas exposicións.

A primeira, unha alfaia que moito agradecemos á editorial Xerais, para cuxa xenerosidade non nos chegan as palabras de agradecemento, fermosa exposición artística de ilustracións:





Por outra parte, comezou xa a feira do álbum ilustrado, un ano máis. Damos as grazas a editoriais e distribuídoras que a fan posible:



Por suposto, repetiremos: o alumnado de diversificación acudirá ao colexio para lerlles algúns deses libros que temos na exposición aos máis pequenos.

3 comentarios:

Bibliomanía dixo...

Canta vida, canta emoción reunida!
Todo un privilexio poder estar aí!
Saúdos.

Ronsel dixo...

Xa sabes que nos encantaría recibirte!

Cristina dixo...

A ilustración paréceme unha das cousas máis importantes dalgúns libros porque así son máis divertidos e menos monótonos.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.